[29-01-2015] O Concello de Ames informa de que o vindeiro sábado, 7 de febreiro, desenvolverase un curso para hospitaleiros e axentes de acollida aos peregrinos en Santiago de Compostela. Este curso, que terá lugar no centro social ABANCA situado na praza de Cervantes, desenvolverase en horario de mañá, de 10:00 a 13:00 horas, e de tarde, de 16:30 a 19:00 horas. Esta iniciativa está organizada pola Oficina de acollida de peregrinos da catedral de Santiago, Turismo de Galicia e pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. A inscrición poderase facer de xeito gratuíto ata o día 5 de febreiro. Para tramitar as inscricións ou obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 557 359 ou enviar un correo electrónico a cultura.xacobea@xacobeo.org. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición.




