Pestanas principais

Cubertas todas as prazas do curso de manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios

Martes, 15 de marzo de 2016

[15-03-2016] As 26 prazas para o curso de aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios xa están cubertas. O curso, ofertado pola Concellaría de Medio Ambiente de Ames, abría o seu prazo de inscrición o luns 14 de marzo. Dende a Concellaría de Medio Ambiente infórmase aos interesados ou interesadas de que, lamentablemente, non quedan máis prazas libres. O curso, de 25 horas de formación, dará comezo o venres, 15 de abril, e a matrícula ten un prezo de 63,75 euros. A matrícula inclúe as taxas do exame que se realizará ao seu remate, na propia Aula da Natureza, e que é imprescindible aprobar para obter o carné de aplicador/a e manipulador/a de produtos fitosanitarios. O seu uso é unha práctica moi habitual na meirande parte das actividades do sector agrario: no viñedo, na horta, nas extensións de árbores froiteiras etc.