Pestanas principais

Crearase un grupo de traballo sobre o transporte metropolitano a petición de Ames

Mércores, 13 de maio de 2015

[13-05-2015] O alcalde de Ames, Santiago Amor, propuxo na comisión de transporte metropolitano a creación dun grupo de traballo no que tivesen representación a Xunta de Galicia e os Concellos de Teo, Brión e Ames, iniciativa que foi aprobada coa intención de “analizar correctamente os problemas e buscar solucións axeitadas”, segundo matiza Amor.

O rexedor amesán destaca que son estes tres Concellos os que máis viaxeiros aportan ao plan de transporte, e por tanto, os que máis contribúen economicamente.  

Amor subliña, igualmente, que Ames amosou a súa solidariedade municipal “votando a favor” de que entrasen a formar parte do plan os Concellos de Ordes, A Estrada, Vila de Cruces, A Baña e Padrón.