Pestanas principais

Creación de blogs, comercio electrónico e recursos de rede para os máis pequenos/as   conforman a programación da Aula CeMIT de setembro

Martes, 25 de agosto de 2015

[25-08-2015] Creación de blogs, informática para nenos e nenas, comercio electrónico, iniciación a informática e recursos de rede para a infancia son as actividades máis salientables que a Aula CeMIT de Bertamiráns ten programadas para o mes de setembro. Ademais a Aula ten previsto realizar outras actividades na quenda da maña como impress, writer e calc. Os cursos comezarán o luns 31 de agosto e prolongaranse ata final de mes. Ademais, no horario da aula que é de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30, cando non se realicen actividades concretas, os usuarios e usuarias poderán facer uso das instalacións e utilizar o equipamento do centro para practicar mecanografía, navegar por Internet e crear e editar textos e imaxes. As inscricións poden facerse na propia Aula CeMIT, na Casa da Cultura de Bertamiráns, a través do tlf 662 371 511, ou a través da web https://cemit.xunta.es/gl/centro/9 .

As actividades comezarán o luns 31 de agosto cun curso de creación de blog dirixido aos adultos que desexan aprender a crear e xestionar o seu propio blog para publicar diversos contidos en Internet. Este curso levarase a cabo na Aula CeMIT os luns, mércores e venres entre o 31 de agosto e o 11 de setembro, en horario de tarde, de 19:00 a 20:30.

O día 1 de setembro comezará un curso de informática para nenos e nenas. Esta actividade realizarase os días 1, 2, 3, 7, 8 e 9 de setembro de 10:00 a 11:15 horas. As encargadas da Aula CeMIT escolleron estas datas para que os rapaces e rapazas que o desexen poidan familiarizarse coa informática nos días previos a inicio do curso escolar.

Do 14 ao 24 de setembro, de luns a xoves, en horario de 18:00 a 20:00, está previsto un curso de comercio electrónico. Esta actividade forma parte da iniciativa do Banco de Tempo da Rede CeMIT E realízarase a través do sistema de videoconferencia instalado na aula.

O curso de Iniciación á informática, dirixido a persoas sen coñecementos de informática ou con coñecementos básicos que desexen repasar e afianzar cuestións que abranguen desde o manexo do rato e o teclado até a xestión de ficheiros e cartafois, desenvolverase entre o 28 de setembro e o 19 de outubro todos os luns e xoves de 19:00 a 20:30. Con este curso da comezo un itinerario formativo composto de tres actividades máis que se desenvolverán nos vindeiros meses e no que os participantes aprenderan a navegar pola rede, manexar o correo electrónico e utilizar de xeito axeitado as redes sociais. Para este curso terán preferencia aquelas persoas que non realizaran o curso con anterioridade.

Recursos tic para os máis pequenos e pequenas
Esta previsto ademais que a Aula CeMIT r4lice un curso que leva por título “Adestra os ollos coas tic” . Esta actividade está dirixida a cativos de 4 a 6 anos que, acompañados pola súa familia, coñecerán diversos recursos da rede adaptados as súas necesidades.

A Aula CeMIT ten previsto realizar na quenda de mañá outras actividades como impress, writer e calc, na quenda de mañá. No transcurso das próximas semanas definiranse os días e os horarios.

O horario da aula CeMIT é de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30, é como ven sendo habitual, cando non se realicen actividades, os usuarios e usuarias poderán facer uso das instalacións e utilizar o equipamento do centro para practicar mecanografía, navegar por Internet, crear e editar textos e imaxes etc.

A inscrición en calquera das actividades pode facerse na propia Aula CeMIT, na Casa da Cultura de Bertamiráns, a través do tlf 662 371 511, ou a través da web https://cemit.xunta.es/gl/centro/9 .

Contido relacionado


"Informática para rapaces e creación de blogs desde a Aula CeMIT de Ames"