Pestanas principais

Creación da comisión encargada de realizar as entrevistas e a revisión de currículos vitais para a contratación de persoal para a brigada de reforma e reparación de espazos patrimoniais

Luns, 05 de setembro de 2011

[05-09-2011] O departamento de Persoal fai público o decreto no que se recolle a creación da comisión encargada de realizar as entrevistas e a revisión de currículos vitais dos candidatos/as para a contratación de persoal do programa de cooperación coas entidades locais “Proxecto de reforma e reparación de espazos patrimoniais”. Ademais, neste decreto tamén se recollen as datas para a realización das entrevistas para o vindeiro día 14-09-2011.