[04-02-2017] O goberno municipal informa que despois de moito insistir durante a tarde deste sábado, conseguiu poñerse en contacto cun responsable de Fenosa para pedir explicacións sobre os cortes de luz que se están producindo en moitos lugares de Ames. Unha brigada de Fenosa desprazarase esta noite a Ames para achegarse a cada un dos puntos onde falta o subministro eléctrico dende hai moitas horas.
Segundo explica o alcalde, Jose Miñones, “despois de varios minutos de conversa conseguimos que unha brigada de Fenosa de Santiago se desprace esta mesma noite ao termo municipal de Ames, para que, xunto co concelleiro de Obras e Servizos Básicos, vaia ata os lugares onde falta o subministro eléctrico dende hai moitas horas”.
Ademais, o goberno anuncia que dende o Concello vanse reclamar indemnizacións para todos/as os/as usuarios/as afectados/as, aos que se lle solicita que presenten as queixas correspondentes ante a compañía eléctrica que lles presta servizo.




