Pestanas principais

Cortes e prohibicións na avenida José Luis Azcárraga debido á realización da proba deportiva Transgalaica Concello de Ames

Martes, 10 de abril de 2018

[10-04-2018] Este domingo, 15 de abril, terá lugar en Bertamiráns a proba deportiva BTT Transgalaica Concello de Ames. Por este motivo, produciranse cortes de tráfico na avenida José Luis Azcárraga, ata o cruce da vía que vai cara Casas do Monte (Covas), desde as 07:30h ata as 14:30 horas do domingo. Así mesmo, quedará prohibido estacionar nesta avenida desde o sábado ás 22:00 horas ata o domingo ás 15:00h. Premendo a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando municipal con toda a información.