Pestanas principais

Cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento en Bertamiráns debido á segunda etapa de “O Gran Camiño”

Luns, 21 de febreiro de 2022

O concello de Ames acolle o vindeiro venres, 25 de febreiro, parte da segunda etapa da volta ciclista “O Gran Camiño”. A saída realizarase ás 10.30 horas dende a rúa Alcalde Lorenzo, en Bertamiráns. Debido a iso produciranse cortes de tráfico na avenida da Maía, na estrada de Lapido e na rúa Alcalde Lorenzo. Tamén estará prohibido estacionar en tramos de diferentes rúas de Bertamiráns (avenida da Maía, estrada de Lapido, rúa Alcalde Lorenzo, aparcadoiro da rúa Lodeiro e rúa das Pesqueiras). Ademais, verase afectado o servizo de autobús urbano (paradas 01 e 02) na avenida da Maía (dende a estrada de Lapido ata a rotonda do centro de Bertamiráns) de 7.00 a 14.00 horas. Recoméndase evitar a circulación por ditas estradas e utilizar vías alternativas como a AG-56.

A volta ciclista “O Gran Camiño” celebrarase do 24 ao 27 de febreiro polas catro provincias galegas. A segunda etapa, con saída en Bertamiráns e final no mirador do Ézaro, arrincará dende a rúa Alcalde Lorenzo o venres 25 de febreiro, ás 10:30 horas. Despois, pasará polo Milladoiro, volverá a Bertamiráns pola estrada vella a Santiago e collerá dirección Muxía, pasando antes por Ames, Lens e pola Ponte Maceira, nun tramo que incluirá un porto de terceira categoría. Os ciclistas chegarán ao Ézaro entre as 14:40 e as 15:20 horas. Preme aquí para consultar o rutómetro da proba (percorrido e horarios estimados).

Con motivo da celebración da segunda etapa de “O Gran Camiño” haberá diferentes cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento nos arredores da avenida da Maía, en Bertamiráns. Preme nesta ligazón para descargar o aviso informativo coas restricións que se producirán o venres 25 de febreiro en Bertamiráns.

Deste xeito, produciranse cortes de tráfico:
-Na avenida da Maía: dende a estrada de Lapido ata a rotonda do centro da localidade, de 00.00h a 14.00 horas.
-Na avenida da Maía: dende a estrada de Lapido ata a rotonda da autovía AG-56, saída Bertamiráns Leste, de 8.00h a 12.00 horas.
-Na estrada de Lapido: dende o inicio da estrada ata a rúa do Camiño de Paraxó, de 8.00h a 12.00 horas.
-Na rúa de Alcalde Lorenzo: dende o inicio ata o cruce da rúa Entrerríos, de 8.30h a 12.00 horas.

Prohibicións de estacionamento:
-Na avenida da Maía: dende a estrada de Lapido ata a rotonda do centro da localidade, de 00.00h a 14.00 horas.
-Na estrada de Lapido: dende o inicio da estrada ata a rúa do Camiño de Paraxó, de 7.00h a 12.00 horas.
-Na rúa de Alcalde Lorenzo: en toda a vía de 7.00h a 12.00 horas.
-No aparcadoiro da rúa Lodeiro: detrás do supermercado Mercadona, de 7.00h a 14.00 horas.
-Na rúa das Pesqueiras: dende o aparcadoiro do supermercado Carrefour ata a avenida da Maía, de 00.00h a 14.00 horas.

Ademais, verase afectado o servizo de autobús urbano (paradas 01 e 02) na avenida da Maía (dende a estrada de Lapido ata a rotonda do centro de Bertamiráns) de 7.00h a 14.00 horas. Recoméndase evitar as estradas mencionadas e utilizar vías alternativas como a AG-56.

Preme aquí para consultar o percorrido da etapa Bertamiráns - O Ézaro en Google Maps.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Ames cortará el tráfico en Bertamiráns por la vuelta ciclista el día 25"

Enfoques.gal: "Ames acoge la segunda etapa de la vuelta ciclista “O Gran Camiño” el viernes"

Compostela 24 Horas: "Cortes de tráfico e prohibicións de estacionamento en Bertamiráns debido á segunda etapa de “O Gran Camiño”"

Cartel da volta ciclista O Gran Camiño

Multimedia

  • Cartel da volta ciclista O Gran Camiño
  • Cartel da volta ciclista O Gran Camiño
  • Embedded thumbnail for