Pestanas principais

Cortes de tráfico e prohibición de estacionamento debido á XVII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

Xoves, 20 de outubro de 2016

[20-10-2016] Con motivo da XVII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames que se celebrará este domingo, 23 de outubro de 2016, a partir das 11:00 horas, nos arredores da Casa do Concello de Bertamiráns (rúa Alcalde Lorenzo).

INFÓRMASE:
- Que estará prohibido estacionar na rúa Alcalde Lorenzo  o domingo 23 de outubro, dende as 8:00 horas ata as 15:00 horas.

- Que afectará con cortes de tráfico ás seguintes rúas, aldeas ou lugares por onde transcorre a citada carreira:

Dende as 10:00 ata as 14:00 horas: rúa Alcalde Lorenzo, A Condomiña Estrada DP-0205 ata rotonda do Agro do Muíño quedando afectadas todas as vías de acceso a ese tramo, Agro do Muíño, Sisalde, Rúa Entrerríos, Rúa Agrelo, Rúa Xunqueira, A Condomiña e As Punxeiras.

RECOMÉNDASE:
Evitar as vías mencionadas e acceder pola AG-56 ou AC-300 (Os Ánxeles-Picaraña) cara a Padrón.