Pestanas principais

Convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo polas asociacións culturais durante o ano 2014

Luns, 31 de marzo de 2014

[31-03-2014] Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e os impresos de solicitude da convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo polas asociacións culturais durante o ano 2014. Nesta convocatoria de axudas poderán participar todas as asociacións culturais do concello de Ames, legalmente constituídas e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións. A contía destinada a esta convocatoria ascende a 40.000 euros e o importe individual das achegas concedidas non poderá superar os 7.500 euros.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ames. O prazo para presentar as solicitudes é dun mes dende o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Deste xeito, as solicitudes poderán presentarse durante todo o mes de abril.