Pestanas principais

Convocatoria de axudas para a promoción do comercio local de Ames

Martes, 02 de decembro de 2014

[02-12-2014] O Concello de Ames aprobou as bases da convocatoria de subvencións para a promoción do comercio local a comezos do pasado mes de novembro. O importe total das axudas acada os 25.000 euros. Esta achega municipal busca apoiar o comercio local, centrándose na promoción comercial, así como na dotación de infraestruturas e equipamentos para as asociacións de empresarios e comerciantes. As bases desta convocatoria de axudas xa saíron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o pasado 28 de novembro. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 29 de decembro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e os impresos de solicitude destas axudas.

As solicitudes deberán presentaranse nos rexistros do Concello, situados en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas. O prazo para presentar as solicitudes nesta convocatoria de axudas estará aberto ata o luns 29 de decembro de 2014. As bases desta liña de subvencións xa saíron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o pasado 28 de novembro. As solicitudes deberán achegarse nos modelos normalizados correspondentes, que poden obterse no departamento de Promoción Económica e na web municipal.