Pestanas principais

Convocatoria de axudas para a promoción de actividades realizadas no ano 2014 por clubs e asociacións deportivas amienses

Luns, 12 de maio de 2014

[12-05-2014] A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames acaba de aprobar as bases da convocatoria de axudas para a promoción de actividade levadas a cabo no exercicio 2014 por clubs e asociacións deportivas. A contía destinada a esta convocatoria ascende a 50.000 euros. Os obxectivos destas axudas son achegar a práctica deportiva ao maior número posible de individuos e promover a participación activa dos veciños e veciñas no deporte, como medio de promover a formación dos máis novos e de propiciar a convivencia.

O prazo para presentar as solicitudes a esta convocatoria de axudas será dun mes desde a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP). En caso de rematar nun día inhábil, este prazo entenderase estendido ata o inmediato hábil seguinte. Os interesados e interesadas deberán presentar a documentación solicitada nas bases. As solicitudes deberán presentaranse no Rexistro xeral do Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta convocatoria de axudas.