Pestanas principais

Convocatoria de axudas para a promoción de actividades realizadas en 2013 por clubs e asociacións deportivas

Luns, 23 de setembro de 2013

[23-09-2013] A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou as bases da convocatoria de axudas para a promoción de actividade levadas a cabo no exercicio 2013 por clubs e asociacións deportivas. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 50.000 euros. Os obxectivos destas axudas son achegar a práctica deportiva ao maior número posible de individuos e promover a participación activa dos veciños e veciñas no deporte, como medio de promover a formación dos máis novos e de propiciar a convivencia.

O prazo para presentar as solicitudes a esta convocatoria de axudas será dun mes desde o 23 de setembro de 2013, día no que saíron publicadas estas bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP). En caso de rematar nun día inhábil, este prazo entenderase estendido ata o inmediato hábil seguinte. Os interesados e interesadas deberán presentar a documentación solicitada nas bases. As solicitudes deberán presentaranse no Rexistro xeral do Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta convocatoria de axudas.