Pestanas principais

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinados ao alumnado de segundo ciclo de educación infantil

Venres, 02 de agosto de 2013

[02-08-2013] A partir do día 15 de setembro pódense presentar as solicitudes para participar na convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar, que están dirixidas ao alumnado de 2º ciclo de educación infantil. Esta convocatoria der axudas foi aprobada en Xunta de Goberno Local o pasado mes de xullo. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 18.500 euros. As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello de Ames entre o 15 de setembro e o 15 de outubro de 2013. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases desta convocatoria de axudas e o impreso de solicitude.

As axudas están destinadas a financiar os gastos efectuados desde o 1 de xullo ao 31 de decembro de 2013 en libros de texto e material escolar polo alumnado integrado en unidades familiares empadroadas no Concello de Ames, sempre que os alumnos/as estean matriculados durante o curso 2013-2014 nalgún curso de educación infantil (2º ciclo), nun centro sostido con fondos públicos. O obxectivo é intentar sufragar parte do gasto que cada ano teñen que realizar todos os pais e nais de Ames para comprar material escolar para os seus fillos/as.

Esta convocatoria está dirixida ás familias empadroadas no Concello de Ames, que teñan menores ao seu cargo e que estean matriculados para o curso escolar 2013-2014 nos centros de ensino público no nivel de educación infantil (2ª etapa, de 3 a 5 anos). Seguindo a liña xa iniciada na anterior edición, a convocatoria volve ter como destinatarios aos alumnos e alumnas de educación infantil (2º ciclo), por ser este colectivo o único non incluído na orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Como unha das principais novidades, amplíase o período subvencionable, que comeza o 1 de xullo e remata o 31 de decembro.