Pestanas principais

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinado ao alumnado de segundo ciclo de educación infantil (curso 2017-2018)

Xoves, 09 de novembro de 2017

[09-11-2017] O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinado ao alumnado de segundo ciclo de educación infantil para o curso 2017-2018. A contía máxima destinada a esta convocatoria de axudas ascende a 18.500 euros. A convocatoria de ditas axudas saíu publicada o xoves, 9 de novembro, no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O prazo de presentación de solicitudes é de 30 días naturais, polo que poderán presentarse dende o 10 de novembro ata o día 9 de decembro de 2017.

Esta convocatoria de axudas está destinada aos alumnos e alumnas de segundo ciclo de educación infantil. As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral da Casa do Concello, en Bertamiráns, no Pazo da Peregrina, tamén en Bertamiráns, ou na Oficina municipal do Milladoiro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir os impresos de solicitude. Para máis información podes chamar ao número de teléfono 981 891 476.