Pestanas principais

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinado ao alumnado de segundo ciclo de educación infantil (curso 2016-2017)

Luns, 10 de outubro de 2016

[10-10-2016] O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinado ao alumnado de segundo ciclo de educación infantil para o curso 2016-2017. A contía máxima destinada a esta convocatoria de axudas ascende a 18.500 euros. O prazo de presentación de solicitudes queda establecido entre o 14 de outubro e o 12 de novembro.

Esta convocatoria de axudas está destinada aos alumnos e alumnas de segundo ciclo de educación infantil. As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral da Casa do Concello, en Bertamiráns, no Pazo da Peregrina, tamén en Bertamiráns, ou na Oficina municipal do Milladoiro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude. Para máis información podes chamar ao número de teléfono 981 891 476.