Pestanas principais

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar (curso 2014-2015)

Venres, 31 de outubro de 2014

[31-10-2014] A Xunta de Goberno local de Ames vén de aprobar a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas a alumnos de segundo ciclo de educación infantil para o curso 2014-2015. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 18.500 euros. As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello, en Bertamiráns, ou na Oficina municipal do Milladoiro. Concretamente, o prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro, aínda que ao ser domingo prorrógase ata o luns 1 de decembro de 2014. Desta liña de axudas beneficiáronse o ano pasado un total de 127 destinatarios. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar as bases desta convocatoria de axudas e imprimir o impreso de solicitude.