[10-05-2011] O Concello de Ames vén de convocar unha reunión para este mércores, día 11 de maio ás 19:00 horas, na biblioteca do CEIP Agro do Muíño a efectos de plantexarlle unha posible solución aos paias e nais dos nenos/as que non foron admitidos para o vindeiro curso 2011/2012 neste centro de ensino. No día de hoxe saíron as listas de admitidos de cara ao vindeiro curso escolar e no CEIP Agro do Muíño quedan sen praza para o próximo curso escolar un total de 37 neno/as de educación infantil e 14 nenos/as de primaria.
Ademais, na tarde do luns 9 de maio as coordinadoras do departamento de Educación, Sandra Dios e Emilia Seara, reuníronse na Escola Infantil do Milladoiro coas familias dos 34 nenos e nenas que non foron admitidos nos centros escolares do Milladoiro. Nesta xuntanza acordaron instar á Consellería de Educación para que busque unha solución da forma máis urxente posible.




