Pestanas principais

Contos de ratos e de sustos nas actividades de animación á lectura das Bibliotecas municipais en febreiro e marzo

Sábado, 13 de febreiro de 2016

[13-02-2016] As bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro retoman nos meses de febreiro e marzo as actividades de animación á lectura con dúas sesións de contacontos, pensadas para nenos e nenas de máis de tres anos. A primeira, titulada "Contos de ratiños moi listiños" achegaralles aos nenos e nenas relatos sobre a autoestima, a amizade e a intelixencia. A segunda "Unha de sustos" mostraralles a importancia de non fiarse das apariencias, das aventuras que se poden vivir dando un simple paseo polo xardín ou xogar a un veo-veo cunha sorpresa ao final. Todas as sesións serán pola tarde ás 18:00 horas.

A primeira sesión, "Contos de ratiños moi listiños" está programada para o mércores 17 na Biblioteca do Milladoiro e o xoves 18 na Biblioteca de Bertamiráns. Nela nenos e nenas acompañarán a un ratiño no seu paseo accidentado polo bosque no conto " O grúfalo", así como as historias doutros dous ratos nos relatos de "Frederik" e de"Griselda".

A segunda sesión "Unha de sustos" terá lugar o luns 14 de marzo na Biblioteca do Milladoiro e o martes 15 na de Bertamiráns. Un lobo será o protagonista do primeiro relato, "Que llega el lobo", mentres que unha parella de caracois protagonizará o segundo, "Que susto". A tarde de contacontos rematará co libro "Veo, veo ¿un caracol?