[19-07-2011] As labores de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Ames continúan na actualidade a través das labores de limpeza de vías e camiños de titularidade municipal, ademais da xestión de biomasa forestal ou da comunicación das obrigas aos propietarios/as forestais. Ante o risco da época estival, incorporouse un tractor cun brazo desbrozadora que se ocupará de camiños sensibles. Ademais, en breves, incorporarase unha brigada forestal e fluvial, composta por un enxeñeiro técnico-forestal, un capataz e cinco peóns forestais. Nestes intres, as labores de limpeza atópanse na parroquia de Ameixenda, no lugar de Sura, e continuarán na de Ames.
As labores do plan de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Ames, comezadas no mes de marzo continúan na actualidade a través das labores de limpeza de vías e camiños de titularidade municipal. Ademais desta actuación, a prevención leva a cabo outras como a xestión da biomasa forestal ou a comunicación aos/ás propietarios/as forestais das súas obrigas ata a posta a disposición de medios e persoas para mobilizar en caso de que se declare un incendio forestal nivel 1, no cal se poñen en risco persoas ou vivendas.
Ante o perigo de risco da época estival, incorporouse un tractor cun brazo desbrozadora que se ocupará de camiños forestais sensibles, en conformidade cos criterios compartidos cos axentes forestais. Ademais, nestas labores de prevención, en breve incorporarase unha brigada forestal e fluvial, composta por un enxeñeiro técnico-forestal, un capataz e cinco peóns forestais, que desenvolverán labores de prevención e limpeza con maquinaria manual. Nestes intres, as labores de limpeza atópanse en Ameixenda, exactamente no lugar de Sura, pola gran cantidade de masa forestal e risco de incendio que teñen. Ao rematar, comezarase en Ames e a continuación no resto de parroquias.





