[25-03-2016] O prazo para participar no XIII Certame Literario que organiza o Concello de Ames continúa aberto. As persoas interesadas en enviar traballos, tanto de prosa como en verso, deben facelo antes de que finalice o día 4 de abril. O certame está aberto a participación de calquera persoa, sempre que se envíen textos inéditos escritos en lingua galega. O tema do traballo é libre.
Deberanse enviar catro exemplares do texto, mecanografados por unha soa cara, a dobre espazo e tamaño de letra 12. En narrativa a extensión mínima é de 2 páxinas e a máxima de 6; en poesía a extensión mínima é de 20 versos e a máxima de 50. Os traballos remitiranse ao seguinte enderezo: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, Avenida de Azcárraga nº 5, Bertamiráns, 15220 Ames, A Coruña.
En cada modalidade do certame, prosa ou poesía, establécense tres categorías e, en cada unha delas, tres premios con dotación económica. Un xurado formado por tres membros de recoñecido prestixio no ámbito cultural serán os que seleccionarán as mellores obras. A súa decisión anunciarase o día 13 de maio.
O Concello de Ames, en colaboración con Feiraco, empresa colaboradora do certame, publicará os traballos premiados nunha antoloxía creada para tal efecto.
Para máis información poden chamar ao número de teléfono 662 377 215 ou enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.org correspondente ao Servizo de Normalización lingüística (SNL) do Concello de Ames.
Contido relacionado
La Voz de Galicia:" Continúa abierto el plazo para participar en el certamen literario"
El Correo Gallego:"Seis cursos de informática e presentación de obras para o certame literario"