Pestanas principais

Continúa aberto o prazo de inscrición para o programa de conciliación Xuño Lúdico

Martes, 12 de maio de 2015

[12-05-2015] O Concello de Ames mantén aberto o prazo para inscribirse no programa de conciliación familiar Xuño Lúdico. Trátase dun servizo destinado a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria que se desenvolverá durante os días 22, 23, 25, 26, 29 e 30 de xuño, de 7:30 a 16:00 horas, tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro.

Este programa é unha alternativa para ocupar o tempo de lecer dos máis pequenos dun xeito divertido e educativo mentres os pais e as nais traballan. Na pasada edición participaron preto de 200 rapaces.

As persoas interesadas en solicitar unha praza deberán acudir ao departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns ou á oficina municipal do Milladoiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas. As follas de inscrición tamén se poden descargar na web municipal. A entrega da documentación farase no rexistro xeral do Concello, situado en Bertamiráns, e na oficina municipal do Milladoiro, no mesmo horario que no caso anterior. O prazo de inscrición finaliza o 15 de maio. Máis información no teléfono 981 891 476.

Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os impresos de inscrición e as bases do programa Xuño Lúdico.