Pestanas principais

Consulta o proxecto de urbanización do sector de solo urbanizable S-15 "Travesía do Porto Sur" do PXOM

Xoves, 22 de decembro de 2016

[22-12-2016] O goberno municipal aprobou de xeito inicial, en Xunta de Goberno Local, o proxecto de urbanización do sector de solo urbanizable S-15 “Travesía do Porto Sur” do PXOM, presentado por un particular en representación da Xunta de Compensación. Dito proxecto de urbanización ter que ser sometido ao trámite de información pública por un prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no BOP. A aprobación definitiva deberá recaer no prazo máximo de tres meses desde a conclusión do trámite de información pública. Transcorrido este prazo sen resolución expresa, o proxecto de urbanización entenderase aprobado por silencio, sempre que se obtivesen as autorizacións e informes sectoriais preceptivos ou se acredite, se é o caso, que transcorreu o prazo legal para a súa expedición. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar dito proxecto.