Pestanas principais

Consulta as medidas de restrición de nivel máximo no que se atopa o concello de Ames dende as 00.00 deste sábado 9 de xaneiro

Sábado, 09 de xaneiro de 2021

A Xunta de Galicia publicou no DOG este venres, 8 de xaneiro, a actualización das medidas que lle afectan ao territorio galego para facer fronte á pandemia provocada pola Covid-19. No concello de Ames dende ás 00.00 horas deste sábado, 9 de xaneiro, adóptanse medidas de nivel máximo. Deste xeito, establécese un peche perimetral no que a veciñanza de Ames tan só se poderán desprazarse polos termos municipais de Ames, Santiago e Teo. Tan só se poderá saír do perímetro por causas xustificadas. Ademais, os grupos (conviventes ou non) poderán ser dun máximo de 4 persoas e a hostalaría só pode atender no exterior ao 50% e ten pechar ás 18:00 horas. Preme nesta ligazón para consultar as medidas de restrición de nivel máximo que lle afectan ao concello de Ames

A Xunta de Galicia, en virtude das súas competencias publicou este venres, 8 de xaneiro do 2021, a Orde do 8 de xaneiro pola que se modifica a Orde do 3 de de decembro de 2020 de medidas contra a Covid-19 e mailo Decreto 2/2021 do 8 de xaneiro polo que se modifica o Decreto 202/2020 do 3 de decembro de medidas contra a Covid-19. Deste xeito, o concello de Ames, xunto a outros 17 concellos galegos, está dende as 00.00h deste sábado 9 de xaneiro de 2021 no nivel máximo de restricións pola Covid. Ditas restricións afectan especialmente ao sector da hostalería e restauración, así como ás reunións de persoas non conviventes.

Dende o Concello de Ames faise un chamamento ao autoconfinamento voluntario e solicítaselle á veciñanza, que limite toda saída do fogar que non sexa imprescindible, nin fagan desprazamentos fóra do concello, salvo aqueles que sexan necesarios e debidamente xustificados, limitando así ao máximo á súa vida social. Todas as recomendacións realízanse tendo en conta o número de casos positivos no concello de Ames, que a 9 de xaneiro de 2021, ascende aos 125 contaxiados/as.

Lémbrase que o uso da máscara e o mantemento da distancia de seguridade interpersoal é obrigatoria. Ademais, incídese que nesta nova etapa de restricións é preciso que cada un/unha de nós actuemos con responsabilidade. Sigamos cumprindo de xeito estrito todas as medidas de prevención da COVID-19. Para máis información ou resolver dúbidas pódese chamar ao número de teléfono 662 099 944.

Peche perimetral
Queda restrinxida a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Santiago de Compostela, Ames e Teo. Deste xeito, a veciñanza amesá tan só poderá moverse dentro do perímetro delimitado dos concellos de Ames, Santiago de Compostela e Teo. Quedan exceptuados das anteriores limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

-Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
-Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.
-Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
-Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
-Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
-Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.
-Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
-Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.
-Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
-Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
-Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

Xuntanzas dun máximo de 4 persoas
En Ames, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará condicionada a que non se supere o número máximo de 4 persoas, agás que se trate de persoas conviventes

A limitación prevista neste número non será de aplicación no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso da práctica do deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

Hostalería e restauración
Non está permitido o consumo no interior. Nas terrazas ao aire libre, establécese unha limitación ao 50% das mesas. A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, respectando a distancia mínima de seguridade interpersoal entre as mesas. Horario do peche ao público será ás 18:00 horas.

Non obstante, poderán prestar servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local (ata as 23.00 horas) e consumo a domicilio. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.

Mobilidade nocturna
Por último, lémbrase que se mantén a restrición na mobilidade nocturna que impide desprazamentos, salvo con xustificación, entre as 23.00 horas e as 06.00 horas.

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "Santiago, Ames y Teo comparten cierre desde hoy y sus bares solo sirven en terraza"

El Correo Gallego: "Santiago, Ames y Teo, en nivel de riesgo extremo, tendrán que cerrar la hostelería"

Cartel informativo sobre as medidas de nivel máximo de restricións