Pestanas principais

Consulta a actualización das restricións de nivel máximo no concello de Ames que entran en vigor este mércores 17 de febreiro

Martes, 16 de febreiro de 2021

A Xunta de Galicia publicou no DOG este luns, 15 de febreiro, a actualización das medidas que lle afectan ao territorio galego para facer fronte á pandemia provocada pola Covid-19. No concello de Ames dende ás 00.00 horas deste mércores, 17 de febreiro, actualízanse as medidas de nivel máximo. Deste xeito, amplíase o horario de peche do comercio ata as 21.30 horas; as bibliotecas poderán abrir ao público (cun 30% do aforo); poderanse realizar actividades culturais nos auditorios municipais (cun 30% do aforo); e poderanse impartir clases da EMMA de xeito presencial (excepto as materias de canto e de instrumentos de vento). O resto de medidas de restrición que están en vigor dende o pasado 27 de xaneiro seguen vixentes. Preme nesta ligazón para consultar as restricións actualizadas de nivel máximo que lle afectan ao concello de Ames.

A Xunta de Galicia, en virtude das súas competencias publicou este luns, 15 de febreiro de 2021, a Orde do 15 de febreiro de 2021 pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Ademais, publicou o Decreto 26/2021 do 15 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria.

No concello de Ames dende ás 00.00 horas deste mércores, 17 de febreiro, actualízanse as medidas de nivel máximo. Deste xeito, amplíase o horario de peche do comercio ata as 21.30 horas; as bibliotecas poderán abrir ao público (cun 30% do aforo); poderanse realizar actividades culturais nos auditorios municipais (cun 30% do aforo); e poderanse impartir clases da EMMA de xeito presencial (excepto as materias de canto e de instrumentos de vento). O resto de medidas de restrición que están en vigor dende o pasado 27 de xaneiro seguen vixentes.

O Concello de Ames recomenda seguir limitando ao máximo os movementos e a vida social para que o número de contaxios continúe baixando. Deste xeito, solicítaselle á veciñanza, que limite toda saída do fogar que non sexa imprescindible, non fagan desprazamentos fóra do concello, salvo aqueles que sexan necesarios e debidamente xustificados, limitando así ao máximo á súa vida social.

Lémbrase que o uso da máscara e o mantemento da distancia de seguridade interpersoal é obrigatoria. Ademais, incídese que nesta nova etapa de restricións é preciso que cada un/unha de nós actuemos con responsabilidade. Sigamos cumprindo de xeito estrito todas as medidas de prevención da Covid-19. Para máis información ou resolver dúbidas pódese chamar ao número de teléfono 662 099 944 ou enviando un correo electrónico ao enderezo gabinete@concellodeames.gal.

Medidas de restrición que seguen en vigor
-O concello de Ames permanece pechado de xeito individual. Soamente se permiten desprazamentos xustificados.
-A restrición de mobilidade nocturna comeza ás 22.00h e remata ás 6.00 horas.
-Só se permiten xuntanzas de persoas que conviven xuntas.
-A hostalería sigue pechada. Só se permite a entrega a domicilio e recollida no local.
-No comercio o aforo é do 50%. O peche do comercio establécese ás 21.30 horas.
-O mercado ambulante, que se celebra os sábados na localidade de Bertamiráns, continua suspendido.
-En vehículos particulares só de poden desprazar persoas que conviven xuntas, excepto en desprazamentos ao traballo.
-Pódese realizar deporte individual ao aire libre e dentro do municipio. É obrigatorio o uso de máscara. Os ximnasios permanecen pechados.
-Os parques infantís, parques de elementos biosaudables, e pistas deportivas ao aire libre mantéñense pechados.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El mercado ambulante de Bertamiráns seguirá cerrado temporalmente"

Cartel coas medidas de restrición actualizadas