Pestanas principais

Constituída a asociación CE Ames Solar para avanzar na creación de comunidades enerxéticas

Mércores, 28 de maio de 2025

O Pazo da Peregrina acolleu este pasado martes, 27 de maio, a asemblea de constitución da asociación CE Ames Solar, unha ferramenta xurídica sin ánimo de lucro que regulará as comunidades enerxéticas de Ames. Dita asociación queda constituída por 18 socios/as e unha xunta directiva moi diversa con membros de Trasmonte, Ames, Biduído e Tapia, entre outras parroquias. Ademais, dentro da asociación hai membros de practicamente todas as parroquias de Ames. Ames únese así á crecente rede de concellos galegos que apostan por este modelo enerxético participativo, tras experiencias exitosas como as de Xermade, Ponte Caldelas ou a Illa de Arousa, onde as comunidades enerxéticas xa están a xerar importantes beneficios económicos e ambientais para os seus participantes.

Tras meses de traballo colaborativo entre a Oficina de Transformación Comunitaria e o Concello de Ames, o municipio celebrou este pasado martes, 27 de maio, un fito clave coa constitución da entidade CE Ames Solar, unha ferramenta xurídica sin ánimo de lucro que regulará as comunidades enerxéticas de Ames. Dita asociación queda constituída por 18 socios/as e unha xunta directiva moi diversa con membros de Trasmonte, Ames, Biduído e Tapia, entre outras parroquias.

A dita asemblea convocáronse ás asociacións veciñais e culturais do concello, xa que estas entidades teñen un contacto directo coa veciñanza. O obxectivo é facer participe á veciñanza das comunidades enerxéticas e dar a coñecer a creación da asociación CE Ames Solar. Na actualidade estase traballando na realización de seis proxectos que podes consultar premendo nesta ligazón.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, destaca “que a constitución da asociación CE A mes Solar é moi importante porque é o primeiro paso para a creación e desenvolvemento das comunidades enerxéticas de Ames. Estamos traballando en seis proxectos de comunidades enerxéticas na ETAP de Lens, cemiterio municipal dos Batáns, edificio da escola de música en Aldea Nova, Casa da Cultura e pista de tenis do Milladoiro, parque infantil de Ortoño, e parque infantil de Piñeiro”.

Durante a reunión, presentáronse os estatutos, o plan de acción e as modalidades para a participación na comunidade enerxética. CE Ames Solar é un proxecto aberto, participativo e sostible que contribuirá a mellorar a calidade de vida no concello e á loita contra o cambio climático desde unha perspectiva local.

Antecedentes do proxecto
Este proxecto naceu no ano 2022, tras unha xuntanza en Bruxelas do alcalde, Blas García, co eurodeputado Nicolás González Casares, membro da comisión de enerxía, que trasladou ao Concello de Ames as claves a nivel local para abordar os retos enerxéticos en termos de eficiencia e aforro.

A iniciativa encádrase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado por fondos Next Xeración EU, a Deputación da Coruña e o Concello de Ames, que fixeron posible a creación da Oficina de Transformación Comunitaria de Ames en 2024. Desde entón, o equipo técnico realizou unha avaliación enerxética intensiva do municipio, identificando un potencial significativo para o desenvolvemento de enerxías renovables na zona.

Durante os últimos oito meses, realizáronse varias sesións informativas e obradoiros participativos en zonas urbanas e en diversas parroquias do municipio, así como noutros concellos, onde os veciños expresaron o seu interese en participar nesta iniciativa. Ademais, un estudo técnico preliminar identificou varias cubertas municipais que resultan óptimas para a instalación de paneis fotovoltaicos que poderían abastecer a un número significativo de vivendas da zona.

¿Que é unha Comunidade Enerxética?
As Comunidades Enerxéticas representan un novo modelo enerxético baseado na participación cidadá, onde os residentes poden producir, consumir, almacenar e compartir colectivamente enerxía renovable, democratizando o acceso á enerxía limpa e reducindo a dependencia das grandes compañías eléctricas.

As comunidades enerxéticas son un modo de aforrar na túa factura da luz ao mesmo tempo que se limita a pegada de carbono no concello, se impulsa a economía local mediante a creación de emprego verde e se gaña autonomía enerxética para o territorio e se avanza na participación cidadá directa na transición enerxética.

Constituída a asociación CE Ames Solar para avanzar na creación de comunidades enerxéticas

Multimedia

  • Constituída a asociación CE Ames Solar para avanzar na creación de comunidades enerxéticas
  • Constituída a asociación CE Ames Solar para avanzar na creación de comunidades enerxéticas
  • Constituída a asociación CE Ames Solar para avanzar na creación de comunidades enerxéticas
  • Constituída a asociación CE Ames Solar para avanzar na creación de comunidades enerxéticas