Pestanas principais

As Consellerías de Traballo e Benestar e de Educación e Ordenación Universitaria abren o prazo para solicitar o recoñecemento das competencias profesionais en diferentes ámbitos

Venres, 08 de abril de 2011

[08-04-2011] A concellería de Promoción Económica, Emprego, Turismo e Medio Ambiente informa que a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación, acaba de realizar a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia da área de atención socio-sanitaria do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Así mesmo, dentro do proceso de acreditación de competencias profesionais, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convocou por Orde publicada o 25 de marzo de 2011, a acreditación de determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais e de diferentes familias profesionais. Premendo na seguinte ligazón poderás obter máis información.