Pestanas principais

A Consellería de Medio Rural escolle Ames para levar a cabo a sinatura de 34 convenios do PEIM

Luns, 02 de xullo de 2012

[02-07-2012] A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, presidiu xunto ao alcalde de Ames, Santiago Amor, no Pazo da Peregrina a sinatura de acordos sobre Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM). O Concello de Ames obterá unha partida de 41.840 euros coa que sufragará algúns dos custos que lle supón a mellora da rede viaria de camiños municipais.

Mellora da rede viaria no rural de Ames
O Concello de Ames obtén unha partida de 41.840 euros do PEIM coa que sufragará algúns dos custos que lle supón a mellora da rede viaria de camiños municipais. As obras previstas no convenio asinado hoxe levaranse a cabo no camiño de Searez a Oca, o acceso a Framil, o camiño que une Barreiro e Framil e o que une o Polígono do Milladoiro e Coira.

No camiño que une Searez e Oca (Ames), que conta cunha lonxitude total de 1.440 metros e 400 de ancho, preténdese a mellora da capa de rodaxe da vía, mediante un tratamento asfáltico superficial. Previamente, repararanse as fochancas e perfilaranse as mordentes con grava e asfalto. Neste caso, tamén se contempla a limpeza das gabias a ambos lados.

Por outra banda, no acceso a Framil (de 130 metros de lonxitude e 3,5 de ancho) o Concello cre prioritario mellorar a vía con asfalto e reparar fochancas e mordentes. Tamén contempla a necesidade de acometer a limpeza das gabias e colocar unha sinal de STOP.

Cunha lonxitude total de 870 metros, no camiño que vai de Barreiro a Framil tamén se precisa a mellora da capa de rodaxe con asfalto e a reparación de mordentes e fochancas. Aquí, tamén sería preciso acometer a limpeza das gabias nas dúas marxes do camiño.

Por último, no camiño que une o Polígono do Milladoiro con Coira, de 345 metros de lonxitude e 5 de ancho, fanse necesarias tamén a mellora do firme, eliminando fochancas e dando un tratamento asfáltico semiprofundo. Neste punto, inclúese a necesidade de limpar as gabias e a canalización de 2 metros de tajea de formigón de 40 centímetros de diámetro para drenaxe.

En virtude do convenio asinado esta mañá, o Concello de Ames obtén unha partida de 41.840 euros coa que sufragará algúns dos custos que lle supón a mellora da rede viaria de camiños municipais. As obras previstas no acordo levaranse a cabo no camiño de Searez a Oca, o acceso a Framil, o camiño que une Barreiro e Framil e o que une o Polígono do Milladoiro e Coira.

No acto, a conselleira estivo acompañada polo alcalde de Ames, Santiago Amor; pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo; polo secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto; o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo Iglesias, e polo xefe territorial da Consellería de Medio Rural, Antonio Aguión Fernández.

En total, asináronse 34 convenios cos rexedores de Ames, A Baña, Boiro, Boqueixón, Brión, Camariñas, Carnota, Cee, Dodro, Dumbría, Fisterra, Lousame, Mazaricos, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Outes, Oroso, O Pino, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Vimianzo e Zas. Estes concellos beneficiaranse dunha inversión de máis de 2 millóns de euros para mellorar as súas infraestruturas.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, agradeceulle á conselleira de Medio Rural que elixise o municipio amiense como escenario no que asinar estes convenios do PEIM e asegurou que “é para min unha honra que este acto se celebre en Ames, xa que os acordos que hoxe se asinan axudarán a mellorar a calidade de vida e de servizos das persoas que viven no rural”. O rexedor destacou a importancia que ten o investimento realizado polo departamento autonómico na actual conxuntura económica e recoñeceu “o esforzo e o espírito de colaboración institucional que neste, e noutros importantes proxectos para o noso municipio, está atopando o Concello de Ames na Xunta de Galicia”.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "A Consellería de Medio Rural escolle Ames para levar a cabo a sinatura de 34 convenios do PEIM"
La Voz de Galicia: "La Xunta firma convenios con 34 municipios para financiar infraestructuras en el rural"
El Correo Gallego: "Quintana suscribe en Ames 34 convenios del Peim por un montante de 2,2 millones"