[20-03-2014] Este venres, 21 de marzo, o Concello de Ames conmemora o Día Forestal Mundial e para elo realizarase unha plantación de árbores no tramo do paseo fluvial de Bertamiráns que linda co río Sar. Nesta plantación participará a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, que estará acompañada do alcalde de Ames, Santiago Amor. Nesta iniciativa, que terá lugar ás 11:30 horas, tamén participarán o Secretario Xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, e a concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín. Ademais, nesta actividade participarán 50 nenos/as do CEIP Agro do Muíño.
O Concello de Ames, a través da concellaría de Medio Ambiente, preparaou para mañá unha plantación de árbores co obxectivo de conemorar o Día Forestal Mundial. Esta actividade terá lugar ás 11:30 horas nun tramo do paseo fluvial de Bertamirán que linda co río Sar.
Nesta plantación participará a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, que estará acompañada do alcalde de Ames, Santiago Amor. Nesta iniciativa tamén participarán o Secretario Xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, e a concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, así como outros concelleiros/as da corporación municipal.
Ademais, nesta actividade participará un grupo de 50 alumnos/as de 4º de Educación Primaria do CEIP Agro do Muíño. Tanto as autoridades como os nenos/as plantarán 15 plantas de tres especies diferentes (bidueiros, pradairos e carballos). Os rapaces e rapazas deste centro de ensino están traballando sobre o río Sar. Con esta activiadde reforzarán o aprendido nas aulas.
A concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, destacou que “a través desta iniciativa preténdese que a cidadanía amiense se conciencie de que hai que coidar o medio ambiente, así como as nosas árbores. É importante que os nenos e nenas, dende pequenos, coñezan a importancia que teñen as árbores na nosa vida. Con esta actividade poderán colaborar na plantación de 15 plantas de bidueiros, pradairos e carballos”.