Pestanas principais

Concerto dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Ames

Sábado, 14 de febreiro de 2015

[14-02-2015] Ames abriu o Entroido o venres pola tarde na Casa da Cultura de Bertamiráns cun concerto demostración da Escola Municipal de Música na que participaron uns 120 alumnos dos máis variados instrumentos. Moitos acudiron disfrazados poñendo cor, simpatía ecorcheas que fixeron as delicias dopúblico familiar que abarrotaba o recinto. O goberno amesán que preside Santiago Amor celebrou entusiasta as actuacións variopintas.