[19-12-2016] O Concello de Ames, a través da concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, convoca para hoxe, ás 12:00 horas, unha concentración diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e das Oficinas Municipais en Milladoiro, en repulsa dos asasinatos acontecidos esta fin de semana nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela e nos que mataron a dúas mozas de tan só 25 e 30 anos.
Deste xeito, convídase a todo o persoal municipal e a todos os veciños e veciñas de Ames a que participen nesta concentración contra a violencia machista na que se gardará un minuto de silencio polas vítimas.
O Concello de Ames pon a disposición de todas aquelas mulleres que precisen información sobre o maltrato teléfonos de atención dos Servizos Sociais de Bertamiráns, 981 890 964, e dos Servizos Sociais do Milladoiro, 981 535 941. Ademais, tamén poden recibir atención no 016, o Teléfono da Muller.




