Luns, 11 de abril de 2016
[11-04-2016] O Concello de Ames, a través da concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, convoca para hoxe, ás 12:00 horas, unha concentración diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e das Oficinas Municipais do Milladoiro, en repulsa do asasinato acontecido esta fin de semana en Lugo.
Deste xeito, convídase a todo o persoal municipal e a todos os veciños e veciñas de Ames a que participen nesta concentración contra a violencia machista na que se gardará un minuto de silencio pola vítima.




