Martes, 26 de agosto de 2014
[26-08-2014] O Concello de Ames convoca para hoxe, 26 de agosto, ás 12:00 horas, unha concentración diante da casa consistorial en sinal de repulsa pola última morte de violencia de xénero, que acabou coa vida dunha muller en Barro. Durante a concentración, gardarase un minuto de silencio.




