Pestanas principais

As concellerías de Comercio, Promoción económica, Traballo e Turismo e a de Servizos sociais, Familia, Dependencia e Maiores non poden afrontar gastos

Mércores, 29 de xuño de 2011

[29-06-2011] Os concelleiros de Ames están estudando a situación económica das súas áreas e o orzamento dispoñible para cada unha delas para o que resta de ano. Servizos sociais, Promoción económica e Protección da Saúde constitúen unha bolsa compartida a efectos orzamentarios. Segundo un informe que están realizando os servizos de intervención do concello o saldo de servizos sociais presenta un déficit de -74.415,87 euros, Protección da Saúde ten -8,300,00 euros e Promoción Económica, que é a única que non está en números vermellos, conta con 83.643,44 euros; pero o desfase orzamentario que se calcula entre os tres servizos fai que o saldo final que teñen á súa disposición os tres sexa de 927,57 euros.

Bernardo Moar, concelleiro de Comercio e Promoción Económica, Traballo e Turismo destaca que a súa concellería "non pode facer fronte a pagos xa que hai 19 facturas pendentes, con data ata o 3 de maio deste ano sen aboar, que non tiveron aprobación de pago e que non contan con orzamento". Estas facturas suman un importe total de 18.623,02 euros.

En canto a Turismo, comparte bolsa con Infraestruturas, Comunicación, Proxecto Amorodo, e Transportes e contan con 196, 69 euros para gastar entre todos no que resta de ano polo que "me atopo na mesma situación que na área de Comercio, Promoción Económica e Traballo, nunha situación que me deixa practicamente unha marxe de manobra nula" asegura Bernardo Moar.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El gobierno de Ames dice que el PSOE dejó Servizos Sociais en números rojos"
El Correo Gallego: "El gobierno amiense anuncia un plan austero de recorte del gasto"