[26-08-2015] Un total de 127 escolares accederán este ano ao programa de conciliación da vida laboral e familiar Setembro Lúdico. Non haberá listaxe de garda, dado que todas as inscricións, incluídos todos os casos de emerxencia social. O programa se desenvolverá os días 1, 2, 3, 4, 7, 8 e 9 de setembro en Bertamiráns, con 52 usuarios/as e no Milladoiro onde participarán este ano 75 rapaces e rapazas. O Setembro Lúdico é un programa de conciliación que se desenvolve nos días que van desde o final da Escola de Verán ata o inicio do curso escolar.
O Setembro Lúdico iniciarase cada día ás 7:30 horas. Ás nove, os nenos e nenas pasarán a desenvolver as actividades programadas ata as 14:30 horas. No caso de Bertamiráns, os nenos e nenas desenvolverán as actividades no CEIP A Maía, mentres que no Milladoiro as actividades terán lugar na escola infantil, situada na Travesía do Porto, e no pavillón polideportivo. Os nenos e nenas que non vaian usar o servizo de comedor serán recollidos/as antes desta hora. Os usuarios de comedor terán xogo libre e comedor ata as 16.00 horas.
Facer compatible a vida familiar coa laboral é un dos obxectivos deste programa de conciliación da vida laboral e familiar. Porén, tamén se pretende integrar a todos os nenos e nenas dentro do seu grupo de iguais, fomentar as habilidades sociais e achegar os cativos e cativas á importancia da chegada do cole. O Setembro Lúdico, unha edición máis, consistirá en sete días de diversión, aprendizaxe e novas amizades.
Contido relacionado

"Los planes de conciliación de septiembre de Ames y Teo alcanzan los 228 usuarios"




