Pestanas principais

A Concellería de Cultura inviste máis de 12.000 euros na renovación dos equipamentos da biblioteca municipal de Bertamiráns

Martes, 29 de novembro de 2022

O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, vén de realizar melloras nos equipamentos da biblioteca municipal de Bertamiráns. Nas últimas semanas renovouse o mobiliario e melloráronse os equipos tecnolóxicos e informáticos. Investíronse 12.693,02 euros, dos cales 4.793,09 euros foron concedidos a través da subvención a entidade locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e o importe restante, 7.899,93 euros, foi asumido polo Concello de Ames.

As bibliotecas municipais de Ames son instalacións moi frecuentadas pola veciñanza e na que se realizan ao longo do ano diferentes actividades de animación á lectura. Co obxectivo de mellorar o equipamento da biblioteca municipal de Bertamiráns, durante as últimas semanas realizáronse unha serie de melloras que tiveron un custo de 12.693 euros. Parte deste importe (4.793,09 euros) estivo sufragado a través da subvención a entidade locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais (convocatoria do exercicio 2022). Dita axuda foi concedida pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. O importe restante (7.899,93 euros) foi asumido polo Concello de Ames.

As melloras realizadas na biblioteca de Bertamiráns consistiron na renovación de diverso mobiliario. Deste xeito, rematouse a renovación das mesas da biblioteca, que xa se inicio o pasado ano. As novas mesas dispoñen de rodas para poder movelas cando é necesario e así dispor dun espazo máis dinámico e adaptable ás diferentes actividades programadas. Na zona de lectura renováronse os estantes dos libros e mailos sofás que xa existían, e ademais, instalouse un novo revisteiro de parede. Tamén se renovaron as mesas dos ordenadores e do equipo que se emprega para consultar o fondo da biblioteca.

Por outra banda, mellorouse o equipamento informático e tecnolóxico. Adquiríronse unhas gafas de realidade virtual e un smartphone, que estará vinculado a ditas gafas, para empregar en novas actividades que se programarán. Tamén se renovaron dous ordenadores que poden empregar os usuarios/as da biblioteca. Cómpre destacar que na biblioteca do Milladoiro tamén se renovarán dous equipos informáticos, pero dita renovación será sufragada polo Concello. Por último, na sala de estudo da biblioteca de Bertamiráns instalouse un novo moble para gardar material e tamén para arquivar os libros duplicados que existen na biblioteca.

A concelleira de Cultura, responsable das Bibliotecas municipal, explica que “temos un obxectivo claro que é mellorar os servizos que a biblioteca presta aos nosos cidadáns. Para iso intentamos mellorar o espazo, o persoal, o horario, a dixitalización, a dinamización, a facilidade de acceso, a sustentabilidade, a atención á diversidade e a dotación orzamentaria. Ao longo destes tres últimos anos, que xestionei as bibliotecas de Ames, incrementamos a cantidade orzamentaria en investimentos e solicitamos varias subvencións que nos permitiron facer diversos cambios nas dúas bibliotecas municipais como foi dotalas de mobiliario novo”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Renovan material tecnolóxico e o mobiliario da biblioteca de Bertamiráns"

As melloras inclúen a renovación do mobiliario da biblioteca

Multimedia

  • A Concellería de Cultura inviste máis de 12.000 euros na renovación dos equipamentos da biblioteca municipal de Bertamiráns
  • A Concellería de Cultura inviste máis de 12.000 euros na renovación dos equipamentos da biblioteca municipal de Bertamiráns
  • A Concellería de Cultura inviste máis de 12.000 euros na renovación dos equipamentos da biblioteca municipal de Bertamiráns
  • A Concellería de Cultura inviste máis de 12.000 euros na renovación dos equipamentos da biblioteca municipal de Bertamiráns
  • A Concellería de Cultura inviste máis de 12.000 euros na renovación dos equipamentos da biblioteca municipal de Bertamiráns
  • A Concellería de Cultura inviste máis de 12.000 euros na renovación dos equipamentos da biblioteca municipal de Bertamiráns