Pestanas principais

A concelleira do Partido Popular, Eugenia Martín Vicente, renuncia á súa acta de concelleira en Ames

Luns, 02 de marzo de 2015

[02-03-2015] A concelleira do Partido Popular, Eugenia Martín Vicente, renunciou hoxe á súa acta de concelleira de Cultura, Medio Ambiente e Deportes, por razóns persoais. Martín foi tamén primeira tenente de alcalde.

Dende o grupo de goberno agradécenlle o traballo desenvolvido no día a día ao longo desta lexislatura e o esforzo para facer fronte aos retos e dificultades do Concello.

As súas áreas serán distribuídas nos próximos días, asumindo as súas funcións o alcalde, Santiago Amor.