[30-06-2014] O campo municipal de Bertamiráns acolleu dende o 23 ata o 27 de xuño o III campus de fútbol 8 que organizou o Bertamiráns FC. Este evento deportivo estivo dirixido aos nenos e nenas de 8 a 12 anos, correspondentes ás categorías de prebenxamín, benxamín a alevín. Durante estes cinco días desenvolvéronse diferentes accións formativas e de lecer. A concelleira de Deportes do Concello de Ames, María Eugenia Martín, e o presidente do Bertamiráns FC, Rafael Budiño, foron os encargados de clausurar a terceira edición deste campus deportivo.
Durante a mañá do pasado venres, 27 de xuño, os nenos/as do campus participaron en distintas competicións nas que que puxeron en práctica todos os principios técnicos que desenvolveron os días previos (condución, control, pase e caneos). A media mañá tocou gozar da piscina, para combater as altas temperaturas, e tras repoñer forzas cun pequeno almorzo, ás 12:30 horas, continuaron traballando no III campus de fútbol 8, dando paso á aprendizaxe de diferentes aspectos tácticos (desmarques, entradas e marcaxes).
Trala parte técnica, os rapaces e rapazas puxeron en práctica o aprendido durante a mañá. Para iso participaron en distintas competicións nas que tiveron en conta os principios técnicos que desenvolveron anteriormente (caneos e conducións). Deste xeito, púxose o colofón a quinta e última xornada do III campus de fútbol 8 do Bertamiráns FC. Os encargados de clausurar a terceira edicións deste evento deportivo foron a concelleira de Deportes do Concello de Ames, María Eugenia Martín, e o presidente do Bertamiráns FC, Rafael Budiño.




