[22-07-2014] O Concello de Ames, a través da concellaría de Xuventude, solicitoulle unha axuda á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Xunta de Galicia, co obxectivo de desenvolver e promover actividades de voluntariado xuvenil, que favorezan o desenvolvemento persoal e/ou profesional da mocidade. Neste programa están participando un total de 8 mozos e mozas amienses, que están realizando diferentes actividades como voluntarios dentro do proxecto “Ambientando o lecer”. Estes mozos/as están exercendo de monitores no servizo de Bibliopiscinas durante os meses de xullo e agosto. Ademais, realizaron diferentes traballos de monitor no campamento urbano, que se desenvolveu na Aula da Natureza entre o 7 e o 18 de xullo, e en varios campamentos municipais de verán.
Programa Ambientando o lecer
O programa Ambientando o lecer, componse de diferentes actividades lúdicas e ambientais para a infancia e a mocidade do concello. Cabe destacar o importante compoñente sensibilizador e formativo do programa, xa que a través do mesmo, formouse a un equipo de 8 voluntarios en actividades relacionadas co tempo de lecer, que desexan colaborar de maneira solidaria na mellora da calidade de vida da nosa infancia e mocidade, e polo tanto en beneficio, de toda a comunidade. A labor dos/as voluntarios/as basease na intervención coa infancia e a mocidade do concello, para fomentar a súa formación, promover a animación á lectura e o respecto pola natureza no tempo de lecer dos/as nenos/as e mozos/as do concello, procurando deste xeito, optimizar os recursos humanos e das infraestruturas do municipio.
Como valor engadido, a labor dos/as voluntarios/as xuvenís contribúe de maneira positiva no incremento das súas posibilidades laborais, xa que en moitos sectores profesionais valórase o traballo voluntario (pola iniciativa e a responsabilidade que leva implícita) e tamén aumenta as súas relacións sociais, facilitando a interrelación entre iguais.
Un grupo de 8 mozos e mozas de Ames están participando no programa de voluntariado xuvenil, que puxo en marcha a concellaría de Xuventude, a través dunha subvención da Xunta de Galicia. Estes mozos/as están exercendo de voluntarios/as en varios servizos municipais. Deste xeito, 6 mozos/as colaboran como voluntarios/as no servizo de bibliopiscinas (2 no Milladoiro, 2 en Tapia e outros 2 en Bertamiráns). Ademais, outros 2 mozos/as realizaron traballos de monitor no campamento urbano, que se desenvolveu na Aula da Natureza entre o 7 e o 18 de xullo, e en varios campamentos municipais de verán.
Os/as voluntarios/as son os encargados de colaborar no deseño, programación, execución e avaliación de todas as actividades do programa, sempre en contacto coa responsable municipal de coordinar o conxunto de actuación programadas, a fin de alcanzar os obxectivos plantexados e conseguir un resultado exitoso.
Estas actividades enmárcanse dentro do programa Ambientando o lecer, que comprende unha gran variedade de actividades lúdico-educativas relacionadas coa ocupación do tempo de ocio, e máis especificamente, céntrase en actividades de animación á lectura e de sensibilización ambiental. Os/as voluntarios/as participan en actividades que están dirixidas principalmente aos nenos/as e mozos/as de 6 a 18 anos, xa que o amplo abano de actividades está adaptado a cada grupo de idade.
Este programa foi posto en marcha grazas a unha subvención que se lle solicitou á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Xunta de Galicia, co obxectivo de desenvolver e promover actividades de voluntariado xuvenil que favorezan o desenvolvemento persoal e/ou profesional da mocidade.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "Oito mozos voluntarios de Ames fomentan o respecto pola natureza"




