[27-01-2017] A Concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), acaba de poñer en marcha esta semana un curso básico de lingua de signos, que se desenvolve os luns na Casa da Cultura de Bertamiráns e os martes na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta actividade conta con 30 participantes, divididos en dous grupos de 15 persoas. Trátase dun curso básico de 30 horas de formación, que está dirixido aos mozos e mozas entre os 16 anos e os 30 anos, e que se desenvolverá ata o mes de abril.
O curso básico de lingua de signos é un das novidades da programación da Concellaría de Mocidade para este ano 2017. Esta actividade tivo unha gran demanda entre a veciñanza amesá. O curso conta con 30 participantes, divididos en dous grupos de 15 persoas, pero ademais existe un ampla lista de agarda o que demostra que esta actividade espertou moito interese entre a cidadanía. Como indican dende a OMIX, se se produce algunha baixa entre os participantes que comezaron o curso, cubrirase coas persoas que compoñen a devandita lista de agarda.
Trátase dun curso de 30 horas de formación que comezou esta mesma semana e rematará no mes de abril. O curso desenvólvese os luns na Casa da Cultura de Bertamiráns e os martes na Casa da Cultura do Milladoiro. O horario é de 18:00 a 20:30 horas. Este curso está dirixido aos mozos e mozas que teñen preferentemente entre os 16 anos e os 30 anos.
A concelleira de Mocidade, Silvia Dapena, explica que “esta actividade desenvólvese por primeira vez en Ames coa intención de que os participantes coñezan e aprendan na súa fase inicial unha linguaxe coa que romper as barreiras coas persoas xordas, mellorando a interacción social e comunicativa coas oíntes”.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Curso básico en dos turnos para conocer la lengua de signos"




