[02-05-2016] Durante esta xornada, os asistentes realizarán un tramo de sete quilómetros comprendidos entre Ponte de Barcala e o Mosteiro dos Franciscanos de Herbón, en Carcacía (Padrón). Para poder participar nesta actividade, que terá un custe de 25 euros, os interesados deberán ter máis de 16 anos e saber nadar. As solicitudes de inscrición poderán presentarse desde este luns 2 ata o venres 13 de maio na OMIX de Ames, situada nas Casas da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro, ou tamén enviala por correo electrónico a omix@concellodeames.gal. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición para participar nesta actividade.
O Concello de Ames, a través da concellaría de Mocidade, abre o prazo para inscribirse na actividade de rafting que se levará a cabo no río Ulla o vindeiro 17 de maio. O custe desta xornada será de 25 euros. Durante a actividade, os asistentes realizarán un tramo de sete quilómetros comprendidos entre Ponte de Barcala e o Mosteiro dos Franciscanos de Herbón, en Carcacía (Padrón).
O programa comezará ás 10:00 horas coa saía da praza do Concello de Bertamiráns e ás 10:15 horas da Casa da Cultura do Milladoiro. A chegada a Carcacía está prevista para as 10:45 horas e o remate da actividade será arredor das 13:30 horas. De seguido, volverase cara Ames.
Para poder participar nesta actividade de rafting, os interesados deberán ter máis de 16 anos e saber nadar. Ademais, ese día deberán ir provistos de roupa cómoda, traxe de baño, toalla e calzado deportivo (tenis) que se poidan mollar. O resto do equipo (casco, chaleco,...) será facilitado pola empresa que se encarga de impartir a actividade.
A inscrición poderase tramitar do 2 ao 13 de maio, ámbolos dous incluídos, cubrindo a solicitude de inscrición e axuntándolle unha copia do DNI. Esta documentación poderase entregar directamente na OMIX de Ames nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, ou tamén enviala por correo electrónico ao enderezo omix@concellodeames.gal.
O impreso de inscrición poderá descargarse a través da páxina web do Concello de Ames ou recollelo na OMIX. Para máis información, pode contactar coa OMIX de Ames no teléfono 616 083 229 ou enviando un correo electrónico ao enderezo omix@concellodeames.gal.
Contido relacionado

El Correo Gallego: "Rafting para a veciñanza amaiana polo río Ulla o vindeiro Día das Letras"




