Pestanas principais

A Concellaría de Educación realiza unha enquisa sobre a situación socioeconómica das familias usuarias dos programas de conciliación municipais

Martes, 14 de abril de 2020

A enquisa telefónica realízase a preto de 200 familias usuarias da Rede Municipal de Comedores Escolares que teñen bonificación total no pagamento das cotas (cota cero euros), correspondentes ás rendas inferiores ao 25% do IPREM. As enquisas estanse a realizar dende este pasado luns, 13 de abril, e desenvolveranse ata o 17 de abril. O obxectivo da enquisa é coñecer a situación económica de ditas familias motivada polo impacto do coronavirus (COVID-19).

As preguntas están orientadas a coñecer o número de persoas que conviven actualmente na vivenda familiar, a idade, a situación laboral ou as posibles necesidades das familias no ámbito da alimentación e do pagamento de recibos ou aluguer.
 
O resultado da enquisa trasladarase ao Comité de Emerxencia Social do Concello de Ames constituído ao efecto, de cara a valorar a posibilidade de novas axudas económicas ou a dispoñibilidade de alimentos/menús a usuarios/as en situación de emerxencia social da Rede Municipal de Comedores Escolares e das Escolas Infantís Municipais (EIM Madalena/O Bosque) en coordinación co departamento de Servizos Sociais.
 
O concelleiro de Educación, David Santomil, explica que “dende o goberno municipal procurouse, dende a declaración do estado de alarma, detectar as principais necesidades e identificar ás familias que poidan estar en situación de emerxencia social e que son usuarios/as dos programas de conciliación, así como das escolas infantís municipais. Suspendeuse o cobro de recibos e aprazouse o pagamento dos recibos pendentes, entre outras medidas de flexibilización económica no ámbito educativo".
 
A Concellaría de Educación realiza unha enquisa sobre a situación socioeconómica das familias usuarias dos programas de conciliación municipais