- Tematica
A Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina do Voluntariado de Ames, organiza unha nova excursión para o vindeiro xoves 28 de maio. Desta volta o destino é a cidade da Coruña, onde se visitará a Domus e o Aquarium. Esta actividade está dirixida a persoas maiores de 60 anos e que estean empadroadas en Ames. As inscrición pódense realizar ata o 25 de maio, chamando en horario de 10.00 a 13.00 horas, aos números de teléfono 981 53 59 41 ou 981 89 09 64. O prezo da excursión é de 5 euros por persoa e non inclúe xantar.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza unha viaxe á cidade da Coruña o xoves 28 de maio. Na excursión, visitarase a Domus e mailo Aquarium. A viaxe ten un custo de 5 euros por persoa e non inclúe xantar.
A concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Uxía García, explica que “o obxectivo é que os nosos maiores pasen un día diferente visitando a cidade da Coruña. Trátase dunha viaxe cultural na que se visitarán dous lugares que elixiron as propias persoas maiores de Ames. É un xeito de seguir realizando actividades de envellecemento activo e coñecer outras cidades e vilas galegas”.
Inscrición e prazas
Esta actividade está dirixida a persoas maiores de 60 anos e que estean empadroadas en Ames. As inscrición pódense realizar ata o 25 de maio, chamando en horario de 10.00 a 13.00 horas, aos números de teléfono 981 53 59 41 ou 981 89 09 64. As prazas son limitadas. A saída está prevista ás 9.30 horas desde as Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. O regreso farase ás 20.00 horas aproximadamente.






