[16-11-2013] No día de onte, 15 de novembro de 2013, finalizaba o prazo marcado nos pregos para que aquelas empresas interesadas na licitación formulasen as súas ofertas. Unha vez finalizado este prazo, o Concello de Ames non recibiu ningunha oferta. Á vista do acontecido, o Concello de Ames analizará este asunto de xeito exahustivo e, unha vez avaliado, convocará á comisión plenaria.
Na última semana, diferentes empresas do sector solicitaron aclaracións e consultas por escrito, que servirán ao Concello para disipar todas as posibles dúbidas sobre o prego de cara a unha nova convocatoria.
Todas as consultas realizadas polas empresas interesadas foron formuladas a través do Rexistro Oficial do Concello e contestadas a través do Perfil do Contratante da páxina web municipal, coa finalidade de manter as mesmas condicións de igualdade entre todos os interesados e manter o principio de transparencia do procedemento.
O camiño escollido polo Concello de Ames neste proceso foi sempre o de poñer a salvo o interese municipal, salvagardándoo doutros intereses particulares ou empresariais e prescindindo, intencionadamente, do asesoramento dalgunha das empresas do sector.
En todo caso, o Concello de Ames quere manifestar que o servizo de saneamento e abastecemento non se verá afectado por este proceso.




