Pestanas principais

Comunicado do Goberno municipal sobre a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se desestima o recurso de apelación interposto polo Concello de Ames contra a sentenza do 22 de setembro de 2020

Venres, 05 de marzo de 2021

Comunicado do Goberno municipal de Ames sobre a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na que se desestima o recurso de apelación interposto polo Concello de Ames contra a sentenza do 22 de setembro de 2020, ditada polo Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, no procedemento de protección do recursos fundamentais presentada polos concelleiros e concelleiras do Partido Popular de Ames ante a convocatoria do Pleno Extraordinario e Urxente de data 28 de decembro de 2019.

Tras ter coñecido a resolución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se desestima o recurso de apelación interposto polo Concello de Ames contra sentenza de data 22 de setembro de 2020, ditada polo Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, no procedemento de protección do recursos fundamentais presentada polos concelleiros e concelleiras do Partido Popular de Ames ante a convocatoria do Pleno Extraordinario e Urxente de data 28 de decembro de 2019, o Goberno amesá manifesta unha vez máis o seu respecto aos tribunais e as súas resolucións xudiciais, e así mesmo infórmase que durante os vindeiros días analizarse en profundidade dita sentenza cos servizos xurídicos municipais, de cara a ver as distintas repercusións que terá nos orzamentos municipais do ano 2021, así como a viabilidade dun posible recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El TSXG ratifica la nulidad de la subida del 13 % del IBI de Ames para el 2020"

El Correo Gallego: "Golpe xudicial para Ames: hai que devolver a subida do IBI"

Lindeiros: "Ames quédase sen opcións para evitar devolver o IBI"

Imaxe da Casa do Concello