Luns, 30 de xuño de 2014
[30-06-2014] O Concello de Ames anuncia que a través da resolución de Alcaldía 1418/2014, de 25 de xuño de 2014, habilitouse ao funcionario de carreira Nicanor J. Arufe Mariño, para a compulsa de aqueles documentos, previo cotexo, que se presenten nos rexistros de entrada e de saída das oficinas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. A compulsa será realizada unicamente previo cotexo e afectará tanto a documentos públicos como privados dirixidos aos rexistros de entrada e de saída desta administración. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.