Pestanas principais

As compras en Milladoiro teñen premio

Martes, 25 de outubro de 2011

[25-10-2011] A Federación Galega de Comercio e a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais de Milladoiro (AEMI) presentaron hoxe unha campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, desenrólase en Milladoiro dende hoxe 24 de outubro e ata o 4 de novembro. A iniciativa premiará con 3.000 euros a confianza no comercio retallista, sorteándose dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros. Á presentación desta campaña asistiu o alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, Bernardo Moar, e o Secretario Xeral da Federación Galega do Comercio, Luís Fernández Díaz, o Vicepresidente de la Federación provincial de comercio, Miguel Agromayor, e o Presidente a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro (AEMI), Carlos Neira.


Neste acto o rexedor explicou que é importante apoiar ao pequeno comercio e dixo que "é positivo que esta campaña se faga aquí en Ames e que é preciso traballar para reactivar o comercio". Pola súa parte, dende AEMI esperan con esta campaña "ter presenza de máis xente nas tendas".Carlos Neira tamén anunciou que a partir de agora as asociacións de comerciantes de Bertamiráns (ACB) e de Milladoiro (AEMI) farán actos en conxunto e puxo como exemplo o Convenio de Colaboración entre ambas asociacións firmado recentemente para o sorteo conxunto dun coche eléctrico e ecolóxico.

Nos días de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional desta vila poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada na Praza Manuel Murguía ou ás promotoras que se atoparán polas rúas, quenes lles entregarán boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o venres, 4 de novembro, nunha carpa ubicada na mesma Praza Manuel Murguía, dentro do programa dunha Festa Final de Campaña que contará con actuacións para nenos e adultos. O sorteo será ese día ás 20.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.

Destacar ademais que os clientes que aporten ás promotoras o xustificante de pagar coa Tarxeta Mastercard do Comercio Galego e Tarxeta Comercio de Novacaixagalicia, duplicarán a súa participación, obtendo dous boletos por cada ticket presentado.A campaña será publicitada nos establecementos de Milladoiro, que contarán con carteis e repartirán entre os seus clientes trípticos informativos.

A iniciativa "As compras na túa vila teñen premio" está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Novacaixagalicia. Neste primeiro semestre do ano, desenrolarase en oito localidades galegas, entre elas Milladoiro, contando para elo coa colaboración de AEMI, que preside Carlos Neira.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Campaña para dinamizar o consumo en Ames"
La Voz de Galicia: "Una campaña de ventas regalará en Milladoiro tres mil euros en compras"