Pestanas principais

A compañía Teatro Galileo representa na Casa da Cultura do Milladoiro a obra de teatro “Desfeitos”

Martes, 05 de novembro de 2013

[05-11-2013] Esta fin de semana comeza o teatro profesional no concello de Ames. Para o mes de novembro están programadas tres pezas teatrais. A primeira cita co teatro será o venres 8, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. A compañía Teatro Galileo representará Desfeitos. Trátase dunha comedia urbana escrita pola autora arxentina Febe Chaves, dirixida por Pedro Rubín e protagonizada por Fernando Morán, Ana Santos e Xosé López Baño "Tanas". As entradas para asistir a este espectáculo poden reservarse ata o venres 8 de novembro, ás 14:00 horas, a través do teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org.

Este venres, 8 de novembro, volve o teatro profesional ao concello de Ames da man da compañía Teatro Galileo, que representará na Casa da Cultura do Milladoiro a peza teatral “Desfeitos”. A obra sitúa a súa acción no interior dun baño público de homes, no que tres persoas chegan a establecer unha singular amizade. Humor, suspense e moitas ganas de amor, son os ingredientes básicos dunha comedia para reflexionar sobre os vínculos humanos. A obra terá unha duración duns 75 minutos.

A acción sitúase nun baño público de homes, no que conflúen tres individuos, dous homes e unha muller. Tres seres que establecen unha singular amizade nese singular espazo. Todos teñen unha historia oculta que vai desvelándose a través da obra. Utilizan este lugar nada convencional para atopar a quen os escoite deixando caer as súas máscaras sociais aos poucos. Humor, suspense e moitas ganas de amor, nunha obra para reflexionar sobre os vínculos humanos nun espectáculo divertido e profundo.

As entradas para asistir a esta función teñen un prezo de 5 euros para os maiores de 12 anos. Haberá un desconto do 50 por cento para os menores de 12 anos, estudantes con carné e maiores de 65 anos. As entradas pódense reservar ata o venres 8 de novembro, ás 14:00 horas, a través do teléfono 981 535 940 ou enviando un correo electrónico a cultura.milladoiro@concellodeames.org. As entradas reservadas terán que recollerse o día da función entre as 20:00 h e as 20:30 horas. Os billetes que non se recollan nese horario venderanse a partir das 20:30 horas. Despacharanse un máximo de 4 entradas por persoa.