[25-03-2014] Este venres 28 de marzo, ás 18:30 horas, hai teatro infantil da man da compañía Talía Teatro, que representará "Xango: A moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina" na Casa da Cultura de Bertamiráns. Trátase dun espectáculo de mimo e clown, dirixido ao público infantil, concretamente a un público entre 7 e 12 anos. A reserva de entradas para este espectáculo pódese realizar ata ás 14:00 horas do venres 28 de marzo. As reservas pódense facer a través do teléfono 981 535 940 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org. Ademais, este venres, ás 12:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns haberá unha sesión escolar de teatro, que está dirixida ao alumnado do CEIP de Barouta e do CEIP da Maía.
Este venres, ás 18:30 horas, haberá teatro infantil na Casa da Cultura de Bertamiráns a cargo da compañía Talía Teatro que representará a peza Xango: A moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina. Talía Teatro conta a historia dun home que foi engulido pola súa propia tablet, do que alí dentro atopou, de tódalas aventuras que viviu, e dos arrepiantes perigos que tivo que afrontar. Trátase dun espectáculo de mimo e clown, dirixido ao público infantil, concretamente a un público entre 7 e 12 anos.
Ademais, ás 12:30 horas, tamén na Casa da Cultura de Bertamiráns haberá unha sesión escolar de teatro, que está dirixida ao alumnado do CEIP de Barouta e do CEIP da Maía. Os escolares amienses poderán ver a obra do fantástico mundo de Xango, que representará a compañía Talía Teatro. Ao mundo infantil atráelle especialmente o mundo das computadoras, tablets, móviles e diversos aparellos electrónicos. Este espectáculo ademáis de proporcionarnos diversión faralles reflexionar sobre os usos e abusos do mundo cibernético.
As entradas para asistir á función das 18:30 horas teñen un prezo de 4 euros para os maiores de 12 anos. Haberá un desconto do 50 por cento para os menores de 12 anos, estudantes con carné e maiores de 65 anos. As entradas poden reservarse ata o venres 28 de marzo, ás 14:00 horas, chamando ao número de teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico a cultura.milladoiro@concellodeames.org. As entradas reservadas terán que ser recollidas o día da función entre as 17:30 h e as 18:00 horas. As entradas que non se recollan nese horario serán vendidas a partir das 18:00 horas. Despacharanse un máximo de 4 entradas por persoa.