[28-11-2012] A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá este venres 30 de novembro, ás 21:00 horas, a representación da comedia musical O fútbol é así, que correrá a cargo da compañía teatral Obras Públicas. Escrita e dirixida por Xosé Prieto e protagonizada por Leandro Lamas e Mos, asistiremos a 60 minutos de música e teatro con xornalistas deportivos, coa afección e por suposto cos xogadores. Unha historia baseada en feitos inventados que ben puideron ter ocorrido na fase final dun mundial no que xogaba unha selección vestida de vermello. Xa se pode facer a reserva de entradas a través do teléfono 981 535 940 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org. O prezo das entradas é de 5 euros. Terán un 50% de desconto os menores de 12 anos, os maiores de 65 e os estudantes con carné.
Esta fin de semana volve o teatro a Ames da man da compañía Obras Públicas, que representará a comedia musical O fútbol é así. Trátase dunha “comedia disparatada” na que se mesturan fútbol, música e teatro. Segundo conta a propia compañía “a historia está baseada en feitos inventados que puideron ocorrer na fase final dun Mundial na que xogaba unha selección vestida de vermello”. Sobre o escenario, Leandro Lamas e Mos convértense en xornalistas deportivos, seareiros e xogadores para achegarnos unha visión paródica e sarcástica do mundo do fútbol.
José Luis Prieto repite como autor e director nesta nova montaxe da compañía compostelá, que na liña do seu espectáculo de debut, Life is a paripé, combina música, teatro e humor a partes iguais. Despois do éxito desa primeira produción, gañadora en 2011 de dous premios María Casares (á mellor música orixinal e á mellor actriz protagonista) e finalista o mesmo ano dos Premios Max na categoría de Mellor Espectáculo Revelación, Obras Públicas aposta de novo por unha estrutura en “sketchs” e polas cancións satíricas. No caso de O fútbol é así, Lamas e Mos interpretan as súas particulares versións de temas ben recoñecibles polos espectadores.
As entradas poderán mercarse media hora antes do comezo da función na Casa da Cultura do Milladoiro. O prezo das entradas é de 5 euros. Terán un 50% de desconto os menores de 12 anos, os maiores de 65 e os estudantes con carné. Tamén se poden reservar as entradas, para iso hai que chamar ao número de teléfono 981 535 940 ou enviando un correo electrónico á dirección cultura.milladoiro@concellodeames.org. As entradas reservadas terán que ser recollidas o día da función entre as 20:00 h e as 20:30 horas. As entradas que son se recollan nese horario serán vendidas a partir das 20:30 horas.





